jueves, 11 de mayo de 2017

Proxecto Final

Ola, hoxe imosvos a ensinar como foi o noso proxecto final sobre os audiovisuais. É o seguinte:



ENTRETEMENTO PARA TODOS



Autoras: Alba Salgado Fernández, María Simón González, Noelia Vaqueiro Fernández e Irene Villanueva Rodríguez.
Grado en Educación Primaria
Informe final del proxecto de la materia de Nova Tecnoloxías Aplicadas a la Educación del curso académico 2016/2017




O proxecto que eliximos foi a adaptación dun contido audiovisual ao sistema da linguaxe de signos español (LSE) e cunha narración en off describindo o contido para que o vídeo poida ser accesible tanto para persoas xordas como invidentes. O propio contido audiovisual realizámolo nós anteriormente co fin de concienciar sobre a integración de persoas con discapacidade nas nosas aulas.
Cremos que a adaptación dos contidos audiovisuais é moi importante na sociedade actual. Son moitas as persoas xordas que se queixan de que non son capaces de seguir os subtítulos que lles ofrecen series ou películas, xa sexa pola velocidade á que aparecen como a escasa adecuación destes cos diálogos reais. Para eles é moito máis sinxelo de seguir si están adaptados ao LSE. Tamén protestan porque, con todo, as campañas electorais dos partidos si que están adaptadas ao LSE, producíndolles a certeza de que o goberno só ofrécelles estes servizos nas áreas que lles interesan máis.
Seguindo esta liña creemos conveniente concienciar á sociedade de que existen os medios necesarios para adaptar os contidos para todos con facilidade, xa sexan informativos como lúdicos. Nós quixemos trasladar esta necesidade ás aulas adaptando este contido para nenos. Sabemos que xa algunhas programacións infantís comezan a desenvolver esta adaptación pero segue sendo escasa en comparación á poboación afectada por algunhas destas discapacidades, que teñen os mesmos dereitos de gozar dos contidos audiovisuais tal e como o facemos nós.
Como futuros docentes, creemos conveniente a adaptación do contido transmitido a todos os nosos alumnos e a concienciación dos nosos compañeiros para que eles tamén a leven a cabo.
Quixemos desenvolver, seguindo a temática do blog, un vídeo que todos os nosos alumnos, aínda que teñan alguna discapacidade puideran desfrutar. A incluímos na materia de valores sociais e cívicos, xa que esta materia concibe a necesidade de formar aos alumnos como parte dunha sociedade.
O propio contido do vídeo constitúe una ferramenta educativa para os nenos e nenas xa que verán o caso dun rapaz de colexio, coma eles, e a actitude que deben tomar con el para a súa correcta integración na aula.


2. CONTEXTO

Salceda é un  municipio urbano que  se atopa nun enclave xeográfico moi importante pois atópase a tan só 27 quilómetros da cidade máis grande de Galicia que é Vigo  a cal alberga grandes empresa automobilísticas e navais así como un amplo abanico do sector servizos, tamén é importante o Polígono Industrial das Gándaras no que hai numerosas empresas do sector automobilístico ,alimenticio ,construción, madeireiros. Por  último outro factor económico importante e as famosas Canteiras de Granito do Porriño as máis importantes de Galicia.
Esta integración curricular del proxecto está dirixida a etapa de Educación Primaria  concretamente o curso de 4º de Primaria, na area de  valores sociais e cívicos.
Na aula na que impartimos esta unidade didáctica esta dirixida a  un total 22 individuos dos cales 12 son nenas e 10 son nenos, dos cales unha nena e un neno teñen unha adaptación curricular debido a que  unha padece TEA sen déficit de atención  e un neno con TDAH.

3. CARACTERÍSTICAS XERAIS DOUS ALUMNOS SEGUNDO A SÚA IDADE

As características do alumando que deste centro escolar corresponde aos nenos e nenas de sobre 9 anos, e dicir, de alumnos e alumnas de 4 de primaria.
1.      Son nenos e nenas de entre 8 e 10 anos acostumados a vivir en zonas urbanas.
2.      Son persoas que están en contacto con nenos/as doutro país e doutra raza.
3.      Son nenos e nenas que soen ter entre unha e dúas actividades extraescolares ao saír de clase, polo que son moi traballadores.
4.      Como viven cerca do mar non teñen moitos coñecementos sobre as tarefas do campo (como pode ter a xente do interior) pero en cambio si que teñen bastantes coñecementos sobre o mundo mariño.
Referido ás características psicolóxicas podemos destacar as seguintes:
1.      Os nenos de 9 anos xa teñen a capacidade de ocultar as emocións que senten.
2.      Con esa idade comezan a buscar o apoio tanto dos seus pais como dos seus iguais.
3.      Referido un pouco máis á amizade dicir que con 9 anos isto xa consiste na confianza, o efecto e a reciprocidade. É dicir, xa ven aos amigos como aqueles que se axudan. Xa empezan a ter amizades máis duradeiras.
4.      A evolución lingüística destes nenos e nenas xa están clasificadas na competencia adulta debido a que xa manexan as concordancias entre artigos e pronomes?
5.      Segundo Piaget, as persoas que cursan 4º de primaria están na etapa das operacións concretas polo que xa teñen un pensamento ligado ao mundo real, operacións de clasificación e conservación para os problemas concretos.

4. CONTEXTO CURRICULAR

– Área de Valores sociais e cívicos.
Os Valores sociais e cívicos resultan fundamentais na nosa sociedade, para que as persoas poidan exercer a cidadanía democrática e participar plenamente na vida cívica e social.
De aí a importancia de que a educación facilite a construción da identidade individual
e potencie relacións interpersoais enriquecedoras para fortalecer a convivencia, consonte valores cívicos socialmente recoñecidos. A área Valores sociais e cívicos axuda, en gran medida, a garantir o dereito universal dos nenos e das nenas a recibir unha educación que lles permita desenvolverse plenamente nas súas posibilidades, formarse no respecto dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais e prepararse para asumir unha vida responsable nunha sociedade libre e tolerante coas diferenzas.
Así mesmo, reforza a preparación das persoas para actuar como cidadanía participativa e implicada na mellora da cohesión, a defensa e o desenvolvemento da sociedade democrática.
Esta formación inclúe a adquisición de competencias sociais e cívicas –persoais, interpersoais e interculturais– para participar dunha maneira eficaz e construtiva en sociedades cada vez máis diversificadas.
A proposta desta área, formar ás persoas desde o inicio da educación primaria na reflexión e a vivencia de valores, responde á preocupación por mellorar a calidade da educación de todo o alumnado, fomentando o desenvolvemento de procesos educativos que potencien a participación individual para lograr fins colectivos. Deste xeito, enriquécense as experiencias sociais dos alumnos e das alumnas, tendo en conta que viven en sociedade mentres se forman e que as vivencias compartidas na escola enriquecen as súas aprendizaxes. A área incita á reflexión e propón aprendizaxes relativas á dignidade persoal, ao respecto aos demais e aos valores sociais na convivencia. En primeiro lugar, o propósito é que cada alumno e cada alumna adquira as competencias necesarias para construír un autoconcepto axustado e unha boa autoestima, para tomar iniciativas responsables e vivir con dignidade.
Unha vez elaborada a súa identidade persoal, o neno e a nena están preparados
para recoñecer o outro ou outra. Por iso, indúcese á empatía, ao respecto e á tolerancia
das outras persoas e propóñense elementos relacionados coas habilidades necesarias
para relacionarse e actuar de acordo cos dereitos e deberes humanos fundamentais.
Unha vez que as persoas somos quen de coñecernos e aceptarnos á vez que comprendemos e respectamos os demais, podemos asumir a complexidade da convivencia social. Neste momento, estimúlanse actitudes que propician a interdependencia positiva, a cooperación e a solidariedade de acordo cos valores, dereitos e deberes do Estatuto de Autonomía de Galicia e da Constitución Española.
Neste sentido, favorécese a comprensión dos principios de xustiza, liberdade e seguridade, sobre os que se asenta a garantía da convivencia democrática, a promoción do progreso da cultura e da economía, así como o establecemento e a colaboración no fortalecemento dunhas relacións pacíficas e de eficaz cooperación entre todos os pobos da terra. Desta maneira oriéntase aos alumnos e ás alumnas para comprender a realidade social, resolver conflitos de forma reflexiva, dialogar para mellorar, respectar os valores universais, crear un sistema de valores propios e participar activamente na vida cívica de forma pacífica e democrática. Valores sociais e cívicos contribúe a que o alumnado mellore a súa competencia para aprender e ter iniciativa, estimulando a motivación, o esforzo e as capacidades de reflexión, síntese e estruturación. Axúdaos a enfrontarse aos problemas, experimentar e realizar proxectos en equipo, traballar de forma independente, tomar decisións e xerar alternativas persoais.
A metodoloxía na aula debe fundamentarse na relación entre o progreso persoal e o
académico, porque equilibrio afectivo e aprendizaxe van unidos e fortalécense mutuamente.
O ensino da área require que o profesorado estimule a axuda mutua e o traballo cooperativo, co que a través da comunicación oral, o diálogo e a interacción entre o alumnado se contribuirá a desenvolver a competencia para participar activamente nun equipo, a análise
e a reorganización das propias ideas, o respecto crítico a outros puntos de vista, o recoñecemento dos propios valores e limitacións, a adaptación ás necesidades colectivas e a solidariedade, a asunción de responsabilidades e o respecto ás normas acordadas.
Debe potenciar, ademais, o desenvolvemento de competencias que lles permitan aos
alumnos e as alumnas considerarse valiosos e valiosas e axudar ás demais persoas, á vez
que se senten recoñecidos e recoñecidas e se mostran receptivos e receptivas para recibir axuda na resolución de problemas.
Para facilitar a concreción curricular establécense tres bloques de contidos. Non obstante, deben entenderse como un conxunto e desenvolverse de forma global tendo en conta as conexións internas tanto a nivel de curso como ao longo da etapa.
As propostas metodolóxicas son decisivas para favorecer que se integren na súa vida
cotiá o coñecemento de principios, valores e estratexias de regulación emocional, contribuíndo así á súa incorporación á vida adulta de maneira satisfactoria, desenvolvendo a capacidade de asumir os seus deberes e defender os seus dereitos, exercer a cidadanía activa e desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida.
Polo tanto, necesariamente, haberá que partir das experiencias, problemas e intereses
do alumnado ─xa que todo o traballado nesta área ten un compoñente vivencial─ para propiciar o pensamento en perspectiva e a implicación emocional. Cumprirá deseñar tarefas e/ou proxectos de traballo en contextos auténticos que permitan levar a cabo estas vivencias e que potencien que cada rapaz e cada rapaza teñan os seus tempos e os seus espazos de protagonismo e o recoñecemento da súa valía persoal e das súas contribucións aosdiferentes grupos nos que desenvolven a actividade. De aí a importancia de propoñer o traballo cooperativo para a realización das tarefas, que lles permite ás alumnas e aos alumnos a análise, a expresión e a interpretación de pensamentos, sentimentos e feitos en distintos contextos sociais e culturais, así como o uso da linguaxe para regular a conduta e relacionarse cos demais.
Finalmente, mediante a toma de decisións baseadas en xuízos morais e a resolución
de problemas e conflitos en colaboración, contribúese á adquisición das competencias
necesarias para seguir diversos procesos de pensamento, utilizar o razoamento lóxico e
analizar e axuizar criticamente os problemas sociais e históricos.

4.1 Obxectivos xerais:

·         Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabili­dade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
·         Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e da co­municación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.
·         Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabili­dade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.

4.2 Competencias clave


- Competencia dixital (CD)
- Competencias sociais e cívicas (CSC)        
- Aprender a aprender (CAA)

 

4.3 Área


A CONVIVENCIA E OS VALORES SOCIAIS


4. ACTIVIDADES A REALIZAR

Breve descrición, por orde, de cada actividade TIC utilizando la seguinte plantilla

Actividade 1: Comprensión del vídeo

Breve descrición: texto con ocos en branco sobre el vídeo proxectado de diversidade en las aulas

Recursos utilizados: fuga de palabras

Lugar de realización
 □ Rincón TIC

Persoal
□ Mestre titor □ Mestro de apoyo (PT o AL)

Agrupamento del alumnado
□ Pequeno grupo
Duración de la actividade
10 minutos

Actividade 2: Aprendemos todos

Breve descrición: En grupos de catro persoas pensarán sobre palabras clave de la diversidade en las aulas, así ao acabar entre todos realizarán una Nube de Palabras sobre el tema.
Recursos utilizados: Internet, Cartolinas, colores y tesoiras: Nube de Palabras

Lugar de realización
□ Aula ordinaria e Rincón TIC

Persoal
□ Mestre titor □ Maestro de apoio (PT o AL)

Agrupamento del alumnado
□ Gran grupos, dividido en grupos de 4 persoas
Duración de la actividade
20 minutos

Actividade 3: Web quest

Breve descrición: Os alumnos realizaran un webquest sobre a diversidade e os distintos recursos para a adaptación dos compañeiros con distintas discapacidades nas nosas aulas

Recursos utilizados: web quest 2.0

Lugar de realización
□ Rincón TIC

Persoal
□ Mestre titor

Agrupamento del alumnado
□ Individual
Duración de la actividade
45 minutos

Actividade 4: Mandala

Breve Descrición: Os alumnos e alumnas pintarán un mandala para que aprendan a relaxarse antes situación que non están acostumados.
Desta maneira como teñen un compañeiro con TDAH, aprenderán que sente ese neno.
Recursos Utilizados: Unha fotocopia con un mandala impreso, lápices de cores
Lugar de realización
□ Aula ordinaria

Persoal
□ Mestre titor □ Maestro de apoio (PT o AL)

Agrupamento del alumnado
□ Gran grupos
Duración de la actividade
20 minutos

Actividade 5: Puzzle

Breve Descrición: En grupos de tres ou catro persoas realizarán un puzzle relacionado coa diversidade, de maneira que aprendan un pouco mais sobre este tema dunha maneira algo mais divertida.
Recursos Utilizados: Puzzle que traerá o profesor
Lugar de realización
□ Aula ordinaria

Persoal
□ Mestre titor □ Maestro de apoio (PT o AL)

Agrupamento del alumnado
□ Gran grupos, divididos en grupos de 3 ou 4 persoas
Duración de la actividade
20 minutos

Actividade 6: Sopa de Letras

Breve Descrición: Individualmente os alumnos deberán de realizar as sopas de letras tanto en inglés coma en español para que aprendan máis vocabulario sobre a diversidade.
Recursos Utilizados: Unhas fotocopias coas sopas de letras en inglés e mais en castelán
Lugar de realización
□ Aula ordinaria

Persoal
□ Mestre titor □ Maestro de apoio (PT o AL)

Agrupamento del alumnado
□ Gran grupos
Duración de la actividade
30 minutos
Actividad 1: Audiolibro
Breve descripción: Os alumnos deberán escoitar con atención o audiolibro para poder realizar as actividades de comprensión posteriores

Recursos utilizados: grabadora de voz e movie maker

Lugar de realización
□ Rincón TIC
Personal
□ Maestro tutor
Agrupamiento del alumnado
□ Individual
Duración de la actividad
5 minutos
Actividad 1: Cuento
Breve descripción: Os alumnos deberán lercon atención o conto para poder realizar as actividades de comprensión posteriores


Recursos utilizados: plataforma de creación de contos

Lugar de realización
□ Rincón TIC
Personal
□ Maestro tutor
Agrupamiento del alumnado
□ Individual
Duración de la actividad
5 minutos
Actividad 1: Fuga de palabras
Breve descripción: Os alumnos deberán completar os ocos coas palabras que faltan para demostrar a comprensión do audiolibro e do conto

Recursos utilizados: (soporte y recurso TIC (programa, software, aplicación….)

Lugar de realización
□ Aula ordinaria
Personal
□ Maestro tutor
Agrupamiento del alumnado
□ Parejas
Duración de la actividad
20 minutos

 

5. CONCLUSIÓNS:

Tras haber finalizado este proxecto chegamos as seguintes conclusións
Cremos que existen multitude de recursos tecnolóxicos para a inclusión da xente con discapacidade e que en moitas ocasións non se empregan por descoñecemento. Ademais parece que o goberno, pese a adoptar medidas para isto, non realiza as suficientes inversións en recursos de este tipo.
Dende as nosas aulas podemos colaborar para que pouco a pouco a integración vaia progresando ata ser unha inclusión total
Real Decreto 105/2014. Diario Oficial de Galicia, Galicia, 4 de setembro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario