jueves, 20 de abril de 2017

Ferramentas TIC

Moi boas a tod@s!!
Nesta entrada quero contarvos cales foron as 4 ferramentas TIC que empreguei en anteriores publicacións.
A primeira de todas foi un xerador de Time Lines, realicei unha liña do tempo con días relevantes sobre a diversidade, e ademáis pareceume unha forma moi visual e útil para organizarse.
A segunda vez realiceu un conto a través dun xerador de contos, elexindo os escenarios e os persoaxes e creando unha pequena historia sobre un rapaz con problemas de audición.
Despóis decanteime pola creación dun mandala, que como xa se di na entrada en concreto, é moi útil para a relaxación nas aulas e empregase moito en nenos con TDAH para que consigan estar tranquilos.
E por último, decidín realizar unha fuga de palabras a través dun xerador que atopei pola rede. Nesta actividade hai que completar os ocos despóis de ter lido a historia que realicei na segunda entrada, fomentado así que os rapaces e rapazas manteñan a atención.

No hay comentarios:

Publicar un comentario