miércoles, 19 de abril de 2017

Ferramentas TIC

Ola, nesta entrada vou facer un pequeno resumo sobre as Ferramentas TIC que fixen en entradas anteriores.
A primeira ferramenta que fixen foi unha Sopa de Letras. Esta está formada por un conxunto de palabras relacionadas coa diversidade.
A seguinte foi un Puzzle, que estaba formado por unha imaxe con nenos en sillas de rodas rodeados por outros nenos. Desta maneira os nenos e nenas mediante a elaboración do puzzle entenderán que todos somos iguais, e que non hai que discriminar a naide por ser diferente.
A terceira que fixen foi unha Nube de Palabras, que tamen estaba composto por palabras relacionadas con palabras sobre a diversidade nas aulas. Ao ser de diferentes cores, os nenos aprenden moito antes ditas palabras.
A última ferramenta consiste nun Pictograma, para que así as persoas que teñan algún tipo de problema de aprendizaxe poidan dunha forma divertida aprender a concentrarse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario